Tema 4. Minaría, enerxía e industria
Tema 4. Minaría, enerxía e industria - 3ºESO (pdf)
Tema 4.
Minaría, enerxía e industria
4.1.
A explotación dos recursos minerais: a minaría
As
persoas utilizamos os recursos da natureza para cubrir as nosas necesidades,
sexa directamente ou mediante transformacións. Chamámoslles materias primas aos recursos naturais
que a industria transforma en produtos elaborados. Por outra banda, as fontes de enerxía son os recursos
naturais que, tras un proceso de transformación, proporcionan a forza requirida
polos procesos industriais e o transporte, e cobren moitas necesidades cotiás
(luz, calor, etc.).
Moitas
materias primas, e tamén fontes de enerxía, atópanse no subsolo da Terra. A minaría é a actividade que nos permiten
extraelos cando se localizan en cantidades abundantes, nos chamados xacementos.
Pola súa relación directa coa actividade industrial, consideramos a minaría
dentro do sector secundario, e non no primario. Podemos clasificala en varios
tipos:
ü Explotacións a ceo aberto, cando o mineral está a rentes de
terra, en canteiras.
ü Minería subterránea, se se encontran no seu interior, sendo bastante máis
custoso pola necesidade de perforar a grandes profundidades.
ü Minería submarina ou dragado, realizada
mediante uns barcos chamados dragas, que operan a maquinaria de extracción dos
materiais do fondo mariño.
ü Pozos de perforación, específicos da extracción
de hidrocarburos (petróleo, gas), para o que se realizan perforacións mediante
barrenas rotatorias.
Por
outra banda, cabe definir o termo rocha, que é un material formado pola
actividade xeolóxica da Terra, e que pode conter un ou varios minerais,
elementos cunha composición química determinada.
A explotación
dos recursos minerais evoluciona notablemente co paso do tempo; así, a
aplicación de novas técnicas extractivas
permite aumentar a oferta de recursos
dispoñibles, como ocorre coa fractura hidráulica ou “fracking”, que converteu a Estados Unidos no primeiro produtor
mundial de petróleo nos últimos anos grazas á explotación dos esquistos
bituminosos, que eran antes imposibles de aproveitar.
Tamén
son habituais as variacións na demanda dun recurso mineral, o que
condiciona o desenvolvemento da industria. Un exemplo disto témolo nas centrais
térmicas, que a causa do aumento do prezo do gas volven a empregar o carbón
para a produción de electricidade en Europa.
- Que
nova técnica extractiva fixo de EE. UU. o líder na produción de petróleo?
- Indica
que tipo de explotación mineira se describe:
ÿ
Obtén recursos mediante
embarcacións ou dragas
ÿ
Realiza ocos mediante a
rotación das barrenas
ÿ
Ten un alto custo pola súa
profundidade
ÿ
Esta pensada sobre todo
para hidrocarburos
ÿ
Permiten ao mineiro
escavar e broncearse ao mesmo tempo
ÿ
Requiren un seguimento moi
laborioso da veta mineral
ÿ
Inclúe entre outras as
canteiras de granito de Porriño
ÿ
Extrae materiais
incrustados na codia oceánica
4.2.
As fontes de enerxía
A
enerxía é fundamental para o desenvolvemento económico dun país e para o
benestar da súa poboación. Os seres humanos usaron a enerxía desde a súa
aparición hai miles de anos, comezando pola propia forza humana, e máis tarde
obtendo enerxía do lume, dos animais, do vento, da auga... Un punto fundamental
na historia humana tivo lugar cando se inventou a primeira máquina de vapor,
movida pola combustión de carbón mineral; isto ocorreu hai uns dous
séculos e medio.
Dende
entón apareceron novas fontes que posibilitan moitas das nosas actividades
actuais (petróleo, gas, electricidade, etc.). Dende a crise do petróleo de
1973, diversifícanse aínda máis as fontes de enerxía: gas natural, enerxías
renovables, etc.
En
función de onde se obtén a enerxía, debemos considerar dous grandes grupos: as
fontes primarias e as secundarias. As fontes primarias de enerxía son as
que veñen directamente da natureza, como os combustibles fósiles (carbón,
petróleo), o uranio e as enerxías renovables (solar eólica...). As fontes
secundarias de enerxía son as que se producen a partir dunha enerxía
primaria, como a electricidade e os combustibles derivados do petróleo
(gasolina, gasóleo, etc.).
A
demanda de enerxía é moito maior nos países desenvolvidos, nos que a industria,
os transportes e o consumo das familias é moi alto; de xeito que o consumo
de enerxía por habitante é un indicador do grao de desenvolvemento
dun país. Ademais, no panorama enerxético mundial existe unha distribución moi
desigual da produción e do consumo:
ÿ Os países da OPEP
están entre os grandes abastecedores mundiais de hidrocarburos.
ÿ Polo contrario, potencias
industriais como Xapón e a Unión Europea son deficitarias,
pois presentan un baixo nivel de produción e unhas necesidades enerxéticas moi
altas.
ÿ Estados Unidos destaca ao mesmo tempo como
consumidor, polo alto nivel de desenvolvemento económico do país, e como
produtor, grazas ás novas técnicas de extracción das que xa falamos
anteriormente. Xunto a Canadá, prevese que se converterán en importantes
exportadores de enerxía nas próximas décadas.
ÿ Nos últimos anos apareceron novos
consumidores, os países emerxentes de recente industrialización, entre os
que se atopan China e India, que viron aumentar notablemente a
súa demanda enerxética.
- Cal foi a primeira fonte de enerxía
empregada na industria moderna (finais do s. XVIII)?
4.3.
Enerxías non renovables
A enerxía
non renovable provén de diversas fontes, sendo as máis importantes actualmente os
hidrocarburos, en particular o petróleo e o gas natural.
Estes orixináronse pola descomposición de organismos vivos no fondo dos océanos
nun proceso que dura millóns de anos e que continúa hoxe en día. Con
frecuencia, o petróleo e o gas localízanse nun mesmo xacemento, o que facilita
a súa explotación. O petróleo cru refínase para obter tanto combustibles como
todo tipo de materias primas na actualidade. En canto ao gas, ten aplicacións
en todos os sectores económicos, e está a ter importancia na produción de
enerxía eléctrica en centrais térmicas.
As
maiores reservas de petróleo (que se poida extraer polo momento coa tecnoloxía
actual e de forma rendible) localízanse no golfo Pérsico, Venezuela e Canadá.
As reservas de gas pola súa banda teñen unha distribución máis diversa, pero
destaca tamén o golfo Pérsico e Rusia.
Outra
fonte de enerxía non renovable é o carbón, que igual que os
hidrocarburos é un combustible fósil, produto da descomposición dos bosques do
período Carbonífero, hai máis de 300 millóns de anos. Foi moi importante no s.
XIX, xa que a Revolución industrial foi posible grazas á máquina de vapor,
accionada coa combustión de carbón. Actualmente segue a ser unha das enerxías
máis consumidas, sobre todo dende que o prezo do petróleo se disparou a finais
do s. XX.
O
carbón é o combustible fósil máis abundante e tamén o que conta cunha maior
dispersión xeográfica, xa que se atopa por todo o planeta. As principais
reservas están en China, Australia, América do Norte e Rusia.
A enerxía
nuclear orixínase a partir dun proceso de fisión ou separación dos átomos
de uranio, un elemento que se atopa na natureza en cantidades limitadas.
O uranio require un proceso de enriquecemento para ser usado, cunha tecnoloxía
da que non dispoñen todos os países. Os principais produtores son países
desenvolvidos, como Estados Unidos, Francia e Xapón. O caso de Francia é
significativo pola súa aposta pola nuclear, igualándose coa produción dun
xigante como China e achegándose á metade de todo EE. UU.
O
uso da enerxía nuclear xerou movementos de protesta que denuncian o
problema do almacenamento dos residuos radioactivos e o risco dun accidente
nuclear. Con todo, tamén conta con numerosos defensores, que argumentan
que a enerxía nuclear non emite gases nocivos á atmosfera e é un medio barato e
fiable de subministrar unha enerxía constante.
- Menciona cinco produtos que consumes e non
sabías que están feitos con petróleo.
- Cal é o combustible fósil máis abundante e
repartido na superficie do planeta?
- Que
país presenta o maior nivel de produción de enerxía nuclear en relación co
seu tamaño?
4.4.
Enerxías renovables
As enerxías renovables son aquelas que se orixinan
pola propia dinámica do planeta Terra, especialmente polo seu movemento e a
calor interna, e explótanse como alternativa aos problemas de esgotamento,
contaminación e dependencia comercial que presentan as non renovables.
A enerxía hidráulica
aproveita a forza da caída da auga para xerar electricidade. Nas centrais
hidroeléctricas a auga retida cae, cedendo toda a súa enerxía a unhas turbinas
que moven os xeradores eléctricos. É a enerxía renovable máis utilizada.
A enerxía eólica é
a segunda fonte de enerxía renovable máis usada. O vento converteuse nun
importante recurso para producir electricidade, aínda que existen
inconvenientes como o forte impacto na paisaxe e a morte de numerosas aves que
se estrelan cos aeroxeradores.
A enerxía solar é
obtida mediante paneis e concentradores solares que captan a calor ou a luz do
Sol. A solar térmica
serve para quentar auga por debaixo dos 80 ºC e empregala para calefacción, ou
ben para xerar vapor, que move os xeradores que producen electricidade. A solar fotovoltaica, a través de células
fotosensibles, transforma directamente a luz do sol en electricidade.
A enerxía da biomasa
prodúcese pola transformación de materia orgánica como residuos forestais,
agrícolas, urbanos e incluso cultivos enerxéticos (cana de azucre, cardo...),
en enerxía calórica. A calor serve directamente como calefacción, ou pódese
usar para xerar electricidade. Tamén é posible transformar a biomasa en combustible sintético
(biodiésel, etanol...) para o transporte.
A enerxía xeotérmica
aproveita a calor interna da Terra. As súas aplicacións varían en función das
temperaturas. Por debaixo de 90 ºC serve para calefacción e auga quente nos
fogares. Entre 90 e 150 ºC, emprégase para usos industriais e produción
eléctrica. Por riba dos 150 ºC, o vapor de auga transfórmase en enerxía
eléctrica.
A enerxía mareomotriz
aproveita o movemento de ascenso e descenso das mareas, polo que require fortes
mareas e unhas infraestruturas bastante custosas. Tamén se pode obter enerxía a
partir das ondas, das correntes mariñas ou da diferenza de temperatura entre a
superficie e as augas profundas. A central de Sihwa Lake, en Corea do Sur, é a
maior instalación do mundo.
O
uso de renovables presenta dúas grandes vantaxes: a primeira é que están
dispoñibles en todo o mundo, en maior ou menor medida; a segunda é que teñen un
impacto medioambiental máis lixeiro que as non renovables. Porén, existen
algúns inconvenientes a considerar, como a descontinuidade do seu
subministro, e a imposibilidade de almacenala nas cantidades suficientes para o
consumo que demandamos. Por iso, aínda é cedo para apoiarse nelas dun xeito
exclusivo.
- Que enerxía renovable...
o se produce
a partir da descomposición de seres vivos?
o produce
moitas mortes de aves?
o é posible
grazas ao movemento da Lúa?
o pode ser
térmica ou fotovoltaica?
o ven dada
pola forza da gravidade da Terra?
o procede da
profundidade da Terra?
4.5.
Nacemento e desenvolvemento da industria
Durante séculos, a maioría da poboación viviu no
campo, dedicada ás actividades agrarias. As familias elaboraban os obxectos que
necesitaban nas súas casas (produción doméstica) ou encargábanos aos obradoiros
artesáns (produción artesanal), onde cada traballador fabricaba o produto de
principio a fin.
No último terzo do século XVIII, en Inglaterra,
déronse as condicións necesarias para que xurdise un novo modo de produción, o
industrial, baseado en:
v
Innovacións técnicas:
inventos como a máquina de vapor de James Watt, as fiadoras, os teares, as
locomotoras...
v
A división do
traballo: descubriuse que a produtividade aumentaba moito se
cada operario se encargaba de facer unha mesma tarefa ou etapa do proceso de
fabricación.
v
A produción a
grande escala: a alta produtividade permitiu disparar a oferta de
produtos no mercado, o que reduciu moito os prezos e favoreceu o comercio internacional.
Estes cambios transformaron a economía e a
sociedade, provocando un extraordinario crecemento das cidades, xa que o
campesiñado abandonaba o campo en masa para traballar nas fábricas que se
comezaban a construír. As consecuencias foron tan profundas que denominamos
este proceso Revolución Industrial, a
cal consolidou definitivamente o capitalismo como modelo económico. Nesta
primeira fase, desde Inglaterra a industrialización estendeuse a uns poucos
países europeos, como Francia, Alemaña e Bélxica.
A finais do s. XIX iniciouse unha nova fase, chamada
Segunda Revolución Industrial. En EE.
UU. apareceu un novo modo de fabricación, o fordismo,
creado na fábrica de automóbiles Ford. Os obreiros da fábrica traballaban nunha
cadea de montaxe e os automóbiles se desprazaba cara a eles, polo que non tiñan
que moverse e non perdían tanto tempo. Con este sistema, a produción aumentou enormemente e
reducíronse os custo por unidade producida, o que posibilitou baixar os prezos
dos produtos e poñelos ao alcance de moitas máis persoas. Iniciábase así a era
do consumo de masas. Novos países, como Estados Unidos e Xapón,
lideraron xunto a Europa Occidental esta nova revolución económica.
- En que país se
orixina a revolución industrial?
- Que novo sistema
de produción aparece a finais do s. XIX, e en que consiste?
4.6. Características da industria actual
As
actividades industriais poden ser clasificadas en base a diferentes criterios,
como por exemplo:
Ø O grao de innovación e
desenvolvemento tecnolóxico: existen industrias maduras, como a téxtil, a
siderúrxica ou a naval, que tiveron o seu auxe no comezo da revolución
industrial; e industrias punta, que son as que se están a desenvolver mediante
a investigación e a innovación, como a biotecnoloxía, as telecomunicacións e a
robótica.
Ø O destino dos produtos:
as industrias de base preparan produtos pouco elaborados que serán usados por
outras industrias (como pranchas de aceiro); as industrias de bens de equipo
producen maquinaria que será tamén empregada noutras industrias (como as
formigoneiras); as industrias de consumo elaboran produtos que se destinan
directamente a quen os vai consumir (como as bebidas embotelladas).
No
contexto actual da globalización, son necesarias novas estratexias para aforrar
custos e manterse dinámicos nun escenario mundial que cambia sen parar. Unha delas
é a descentralización da produción, que se pode facer de varias formas:
a) Deslocalizando a actividade en varios
territorios, aproveitando as vantaxes de cada un: por exemplo, nun país
realízase a investigación e o deseño do produto, noutro lévase o control
financeiro e comercial, e nun terceiro realízase a produción propiamente dita.
b) Subcontratando outras empresas
especializadas nunha determinada actividade, por exemplo o márketing, o
mantemento técnico, etc.
c) Alcanzando acordos de
cooperación con outras empresas, para axudarse mutuamente en diversos
ámbitos.
Outro trazo relevante da industria actual é a
súa crecente automatización. As máquinas e robots están a realizar a
meirande parte das tarefas máis monótonas e pesadas, polo que a man de obra xa
non é necesaria para elas. Isto ten importantes consecuencias:
ÿ Descende o emprego industrial, que na primeira metade do
s. XX ocupaba á maioría da poboación activa.
ÿ Mellora a calidade do
emprego industrial, é dicir, os empregos que quedan son máis cualificados e
especializados (dirección, xestión...), dado que son precisamente os máis
complicados de substituír por máquinas.
ÿ A man de obra que xa non é
precisa na industria ocupa novas actividades que se desenvolven no sector
terciario (servizos). Aparecen novos servizos periféricos que non están
relacionados coa industria directamente, pero que son básicos para o bo
funcionamento empresarial, como a loxística, a investigación, etc. Por iso,
fálase dunha terciarización da economía actual.
- Indica un tipo de
industria calquera, e clasifícao segundo os criterios vistos neste
apartado.
- Que
sector da economía ten cada vez máis protagonismo na actualidade? Como se
chama esta tendencia?
4.7.
Minaría, enerxía e industria en España
A
industrialización en España comezou a mediados do século XIX, algo máis tarde
que nos primeiros países industriais. Os primeiros focos estiveron en Cataluña,
en relación coa industria téxtil do algodón; e no País Vasco e Asturias,
que destacaron pola minaría do ferro e do carbón.
No primeiro
terzo do século XX, a industria peninsular creceu notablemente coa
independencia de Cuba e Filipinas de España, e disparouse grazas á neutralidade
española na primeira Guerra Mundial. A política proteccionista da ditadura de
Primo de Rivera, e a súa creación de grandes empresas públicas e
infraestruturas de transporte fixo que o emprego industrial se duplicara entre
1900 e 1930. Esas grandes empresas estatais acaparaban o mercado, xa que eran
as únicas con licenza para funcionar, de xeito que se creaba un monopolio
que excluía a competencia de empresas privadas.
O
crecemento freouse en seco durante a Guerra Civil (1936-39), pero retomouse a
finais dos anos 50. De 1959 a 1975, a industria española experimentou un
salto espectacular, coñecido como o Desarrollismo. Apareceron novas
zonas industriais, no litoral levantino, galego, cantábrico e andaluz, e outros
focos no interior, sobre todo Madrid, Zaragoza e Valladolid.
Dende
1975, a industria española entrou en crise, especialmente as máis maduras, que
perderon a capacidade de innovar e competir. Por iso, nos anos 80
produciuse unha reconversión industrial, que supuxo o peche de moitas
empresas estatais, sobre todo grandes siderúrxicas e estaleiros que lastraban a
capacidade económica do país. Xa nos anos 90 e principios do s. XXI, a
produción industrial alcanzou a súa máxima dimensión.
- Cales
foron as primeiras zonas industriais de importancia en España, dende o s.
XIX?
- Como se chama o
dominio do mercado que ten unha empresa grazas a privilexios estatais? En
que época foi frecuente esta situación en España?
- Como se chama a
época de maior crecemento industrial do s. XX? En que ano comezou?
- Que nome recibiu o
desmantelamento de grandes empresas estatais que xa non podían competir
nos seus sectores económicos? En que época tivo lugar este proceso?
COMENTARIO DE TEXTO
Izar,
a primeira empresa española
do sector da construción
naval, é
tamén
o primeiro gran problema de reconversión industrial ao que se
enfronta o novo Executivo do PSOE. Xurdida en decembro de 2000 da fusión dos estaleiros civís – Astilleros Españoles, S. A. (AESA)- e
dos militares (Empresa Nacional Bazán), a empresa estatal non
puido remontar o voo debido á
falla de pedidos e á
competencia feroz de países
con menores custos como Corea do Sur. A Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI),
da que depende, prepara un plan para intentar salvar os estaleiros, sobre os
que pende a ameaza de novas multas da Comisión Europea por entender
que recibe axudas públicas.
(...)
Tres
reconversións
marcaron o sector nos últimos
20 anos que provocaron unha redución
do persoal desde os 39.229 traballadores de 1984 ata os 10.862 de final de
2003. A reconversión
de 1984, o axuste de 1995 e a fusión
de Astilleros Españoles
e Bazán
en 2000 para dar lugar a Izar son os tres momentos álxidos dunha
reconversión
permanente que viviu momentos de tensión sindical e social en varias
poboacións
con estaleiros.
Fonte:
adaptado de El País
Digital, 25-07-2004
Escribe unha REDACCIÓN na que debes incluír as
seguintes partes:
1)
Introdución, indicando brevemente
o tema do que trata o texto, para situarnos.
2)
Comentario, onde debes tocar as
seguintes cuestións:
a.
Que exemplo de reconversión se
menciona no texto?
b.
Que causas históricas ten este
proceso en España?
c.
Que obxectivos ten a reconversión?
3)
Conclusión, na que PODES incluír:
o teu punto de vista sobre o tema, a utilidade deste artigo para comprender a
situación da industria ou outro aspecto que consideres relevante mencionar.
Comments
Post a Comment