Tema 5. Os servizos
Tema 5. Os servizos - 3ºESO (pdf)
Tema 5. Os
servizos
5.1.
As actividades de servizos
Os
servizos son produtos intanxibles, é dicir, inmateriais, que son realizados
polas empresas para atender e satisfacer as necesidades dos consumidores finais
ou doutras empresas.
O sector
terciario da economía é o que engloba todas as actividades de servizos, e
cobrou cada vez máis importancia dende finais do s. XX, tanto en volume
económico como en número de traballadores que pertencen a el. Esta tendencia é
o que se coñece como terciarización. En xeral, podemos dicir que canto
máis desenvolvido é un país na actualidade, maior importancia ten o sector
servizos.
Os
servizos máis cualificados e avanzados adóitanse localizar en grandes áreas
metropolitanas formando distritos de negocios (Central Business District
ou CBD), mentres que os servizos das administracións públicas, os
servizos sociais e o comercio encóntranse máis dispersos polo territorio.
O
desenvolvemento das comunicacións e do transporte provocaron importantes
cambios na localización dos servizos. Permitiron que empresas dos países
desenvolvidos trasladen algún dos seus servizos a países menos desenvolvidos,
onde a man de obra é máis barata. Así, estamos asistindo a unha deslocalización
dos servizos. Os servizos cualificados estanse desprazando a países en
desenvolvemento (Europa oriental, México, India, China) que contan cunha
numerosa poboación universitaria e con coñecementos de inglés e boas
infraestruturas de telecomunicacións.
- Que nome recibe a área urbana na que se reúnen as oficinas de empresas punteiras de servizos?
5.2. O comercio: factores e tipos
Unha
das actividades máis importantes do sector servizos, en volume de negocio e en
empregos que xera é o comercio, que se pode definir da seguinte maneira:
“Conxunto
de actividades de intercambio de bens e servizos entre os produtores e
os consumidores”
Unha
vez que un ben ou un servizo está preparado para o seu consumo, é necesario que
o consumidor o adquira, é dicir, que o intercambie a cambio dun valor,
normalmente monetario. Iso precisamente é o que chamamos comerciar. Igual que
dixemos para os servizos en xeral, pódese apreciar que canto máis desenvolvidos
son os países, maior porcentaxe do PIB ven do comercio.
Os
factores que máis inflúen na actividade comercial son tres:
ÿ O desenvolvemento dos transportes
e das súas infraestruturas. Uns medios de transporte modernos e unha boa
rede de comunicacións favorecen os intercambios comerciais ao facilitar o
contacto entre fabricantes ou produtores e consumidores.
ÿ A densidade de poboación.
Onde hai máis poboación, aumentan as posibilidades de mercado.
ÿ O nivel adquisitivo
das persoas. A maior nivel, máis consumo.
Xusto
por isto, son as cidades as que concentran a maioría do comercio dun país, xa
que é onde se atopa concentrada a poboación, dispón dunha maior renda e existen
máis infraestruturas de transporte.
- Como se chama a capacidade para adquirir
bens e servizos segundo os ingresos e os prezos existentes?
Existen dos grandes tipos de comercio:
- Comercio interior: comprende as actividades comerciais que se realizan dentro das fronteiras dun país. Normalmente distinguimos dous tipos de comerciantes, os retallistas ou comerciantes polo miúdo, que venden directamente ao consumidor do produto; e os almacenistas ou comerciantes polo xunto, que venden a aos retallistas en grandes cantidades.
- Comercio exterior: engloba as actividades comerciais que se realizan entre países. As compras de produtos estranxeiros chámanse importacións e os produtos que se venden a outros países son as exportacións. Ade diferenza entre ambas reflíctese no que se coñece como balanza comercial.
- Como se chama o resultado de descontar as importacións dun país do total das súas exportacións?
5.3. Un comercio mundial polarizado
O
comercio mundial está regulado por acordos que se establecen entre os países e
na Organización Mundial do Comercio (OMC), na que están case todos os Estados
do mundo. O principal obxectivo que deu lugar ao seu nacemento foi a necesidade
de eliminar os aranceis e outras barreiras para o libre comercio entre países.
Por
outra banda, moitos países intentan favorecer o comercio exterior creando bloques
comerciais, que poden ser principalmente de dous tipos:
v Áreas de libre comercio: son zonas integradas por
diversos países, onde o comercio está exento do pago de taxas aduaneiras
(aranceis), e polo tanto poden circular libremente. Porén, cada país é libre de
fixar a súa propia política comercial con respecto a outros países. Un exemplo
disto pode ser o Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN ou NAFTA
en inglés), integrado por EE. UU., Canadá e México.
v Unións aduaneiras: son
similares ás anteriores, pero ademais se establece unha política común que
deben respectar todos os membros de cara ao exterior. Por exemplo, a UE.
Aparte
destes bloques comerciais formalmente constituídos, existen algunhas
asociacións máis flexibles entre países para acordar certas decisións sobre o
comercio dun produto concreto, como ocorre na Organización de Países
Exportadores de Petróleo (OPEP).
- Que diferencia as unións aduaneiras das
áreas de libre comercio? Pon un exemplo de cada unha.
Nun
mundo globalizado, o comercio internacional medrou intensamente, pero non se da
dun xeito uniforme: o 85% do comercio mundial prodúcese nos países desenvolvidos
e emerxentes.
Tradicionalmente,
as grandes áreas comerciais do mundo foron a UE, EE. UU. e Xapón. Pero desde
finais do século XX, a situación foi cambiando de forma significativa, como
podemos ver no caso do eixe Estados Unidos-China. Ambos países
concentran a maior porcentaxe das exportacións e importacións mundiais. Entre eles
formouse un grande eixe, baseado sobre todo no enorme crecemento das
exportacións de produtos manufacturados chineses a Estados Unidos.
- Que países concentran a maior porcentaxe
do mundo de importacións e exportacións?
A UE
como conxunto é a primeira potencia comercial do mundo, efectuando máis
do 20% das exportacións no planeta. O 71% das exportacións teñen lugar dentro
da propia UE, mentres que fóra se dirixen a EE. UU., China, Suíza, Rusia e
Turquía. Alemaña é o país membro que lidera as exportacións. En canto ás
importacións, proceden de China, Rusia, EE. UU, Noruega e Suíza.
- Que
país é o maior exportador da UE?
5.4. O transporte: función e redes
O transporte é unha actividade fundamental do sector
servizos. Consiste no traslado de persoas e mercadorías dun lugar a outro. Para
que sexa posible, son necesarios dous elementos: por unha banda, os medios
de transporte, é dicir os vehículos empregados (automóbil, ferrocarril,
etc.); por outra, as infraestruturas, que son os elementos de soporte
necesarios para que funcionen os medios de transporte (estradas, vías,
estacións, portos, etc.).
Actualmente, os transportes cumpren tres funcións:
o
Función económica: permiten o intercambio de produtos (comercio), fan
posible outras actividades (turismo, ocio) e facilitan a deslocalización
empresarial.
o
Función social: fomenta as relacións humanas, a mestura de culturas e o
coñecemento do mundo.
o
Función política: contribúe á unión dos habitantes dun Estado, e
permite tomar decisións estratéxicas para a súa defensa e organización interna.
- Escribe cinco exemplos de infraestruturas
de transportes.
A
rede de transporte é o conxunto de infraestruturas creadas para a circulación
dos vehículos. Está formada por unha serie de nodos (cidades,
estacións...) e de eixes ou liñas, que son as rutas que unen os nodos.
Para
que unha rede de transporte sexa eficaz, debe:
ü Ser unha rede densa, é
dicir, cun elevado número de nodos e eixes.
ü Ter unha ampla conectividade,
é dicir, todos os nodos teñen que comunicarse entre si a través de percorridos
o máis curtos posible.
Hoxe
en día, as redes de transporte tenden á intermodalidade, é dicir, á
confluencia de polo menos dous modos de transporte nun mesmo lugar, de xeito
que os traslados de mercadorías e de persoas resulten máis eficaces ao aforrar
tempo e gastos. Por exemplo, nas grandes cidades atopamos estacións en que
conflúen trens de proximidade, metro, autobuses e taxis, e que permiten incluso
enlazar con outros tipos de transporte como aeroportos e portos.
No
caso das mercadorías, o transporte intermodal implica o uso coordinado de dous
ou máis medios de transporte nun traslado (tren e camión, barco ou avión e
camión...) sen manipular a mercadoría no cambio de medio. Require vehículos
especiais e, nas terminais de enlace, a tecnoloxía necesaria para mover os recipientes
e os contedores.
- Pon un exemplo de intermodalidade que
coñezas preto da túa vila.
5.5.
O turismo
O turismo é todo desprazamento das persoas a lugares
que se encontran fóra da súa residencia habitual por motivos de ocio, persoais
ou profesionais.
A importancia do turismo para a riqueza e prosperidade
dos países é cada vez maior. Dende os últimos anos, ven supoñendo o 9% do PIB mundial e o 6% das exportacións. Ademais, esta actividade
ocupa a unha de cada once persoas que
traballan no mundo.
Existen diferentes tipos de turismo de ocio: de sol e praia, cultural,
rural, deportivo, gastronómico, etc. Tamén podemos considerar aquí os
desprazamentos por motivos persoais,
como as visitas a familiares e amigos, o turismo de compras ou o turismo
relixioso (peregrinacións ou visita a santuarios). O turismo profesional pode verse nas viaxes a
feiras e congresos, viaxes de empresa organizados como incentivo aos
traballadores, etc. Pero en realidade, a maior parte das veces as actividades
turísticas mestúranse, é dicir, realizamos varios tipos de turismo nunha mesma
viaxe.
Europa constitúe o principal destino
turístico do mundo. Por países, Francia, Estados Unidos, España, China e Italia
son os máis visitados nos últimos anos. Como é natural, a irrupción da pandemia
de 2020 supuxo unha brusca parada desta actividade, que hoxe está a
recuperarse.
- Menciona cinco tipos de turismo e indica
un exemplo de cada un.
- Enumera os cinco países que reciben máis
turistas a nivel mundial.
En canto a outros servizos
que aparecen no sector terciario, atopamos algúns como por exemplo os servizos
financeiros, que reúnen todas as actividades que se dedican a xestionar os
aforros dos seus clientes, sobre todo para investilos ou ben prestalos a cambio
dunha interese. O sistema financeiro dun país está formado polo conxunto de
institucións e medios que poñen en contacto aos que ofrecen o capital cos que o
necesitan.
Os bancos e as caixas de aforros son as institucións
financeiras máis importantes. Outros intermediarios financeiros son as compañías
de seguros, que cobren os riscos que poden sufrir as persoas e os bens a
cambio do pago dunha prima; e igualmente os fondos de investimento,
formados polas achegas de diñeiro dun gran número de persoas, para obter un
beneficio a partir do investimento en calquera empresa que ofreza un beneficio.
Para controlar todas estas xestións, cada país conta cos seus organismos
supervisores; no noso caso existen o Banco de España e a Comisión
Nacional do Mercado de Valores.
Finalmente, mencionamos os servizos de información e comunicación
Os medios de comunicación poden ser interpersoais, cando poñen en
contacto unha persoa con outra (teléfono, correo); e medios de masas,
se informan e comunican ao público en xeral (prensa escrita, radio, cine,
televisión). Internet e as redes sociais son ao mesmo tempo medios
interpersoais e de masas.
- Menciona dous axentes que supervisan en
España o sector financeiro.
- Que
dous tipos de medios de comunicación existen de acordo co texto? Pon
exemplos de cada un.
Comments
Post a Comment